lunes, 24 de enero de 2011

Presenta unha WEB!!!



Moi boas. Pois vouvos presentar unha páxina que visito tódolos días. A dirección é http://www.daxhordes.org/ e trata máis que nada sobre noticias relacionadas coas consolas de Sony, maioritariamente PSP e PS3.

Ademáis de noticias sobre novos xogos ou periféricos, tamén falan das cousas da "Scene". Istó é unha forma de explotar ao máximo as consolas, facendo posible dende executar aplicacións e xogos feitos por usuarios sen estar firmados (Homebrew), ata poder executar copias de seguridade dos nosos xogos (forma políticamente correcta de chamarlle á PIRATERÍA, xDD).

Pero claro, non vos vou a falar disto. Preséntovos a WEB porque no seu foro podemos atopar varios tutoriais que creo que nos serán útiles se queremos aprender a programar, pois diso tratan. Para poder acceder ao foro haise que rexistrar (neste enlace) e aceptar as súas condicións, metendo os datos que creas convintes.

Unha vez rexistrado, poderás acceder ao contido do foro. Concretamente, á sección que nos interesa accédese como vos mostro na captura seguinte (clic para agrandar):

(Pon o rato encima de "Tutoriales" e fai clic en "Tutoriales Tecnología")

Unha vez dentro, podemos acceder ao Índice dos tutoriales (neste enlace) pois será más doado acceder aos mesmos. Son os colocados ao comezo dese tema e, como podemos ver na seguinte captura, son 11 (clic para agrandar):

(Cada enlace levaranos a un tema distinto que formará parte do curso)

Tamén se nos permitirá descargar un arquivo en PDF para poder seguir o curso sen conexión, e hai enlaces aos programos que precisemos en cada tema, todos gratuitos.

A continuación déixovos unha captura da primeira lección para que vos fagades unha idea, sinalando o que comentei das descargas (clic para agrandar):

(Para descargar os Adxuntos hai que iniciar sesión)

Ao seren un foro, se tes algunha dúbida poderala preguntar alí mesmo e de seguro cha resolverán.

Pois isto é todo. Espero que vos parecera útil, e se non pois nada, xD.

Deica.

No hay comentarios: