Moi boas. Pois vouvos presentar unha páxina que visito tódolos días. A dirección é
http://www.daxhordes.org/ e trata máis que nada sobre noticias relacionadas coas consolas de Sony, maioritariamente PSP e PS3.
Ademáis de noticias sobre novos xogos ou periféricos, tamén falan das cousas da "Scene". Istó é unha forma de explotar ao máximo as consolas, facendo posible dende executar aplicacións e xogos feitos por usuarios sen estar firmados (Homebrew), ata poder executar copias de seguridade dos nosos xogos (forma políticamente correcta de chamarlle á PIRATERÍA, xDD).
Pero claro, non vos vou a falar disto. Preséntovos a WEB porque no seu foro podemos atopar varios tutoriais que creo que nos serán útiles se queremos aprender a programar, pois diso tratan. Para poder acceder ao foro haise que rexistrar (
neste enlace) e aceptar as súas condicións, metendo os datos que creas convintes.
Unha vez rexistrado, poderás acceder ao contido do foro. Concretamente, á sección que nos interesa accédese como vos mostro na captura seguinte (clic para agrandar):
(Pon o rato encima de "Tutoriales" e fai clic en "Tutoriales Tecnología")
Unha vez dentro, podemos acceder ao Índice dos tutoriales (
neste enlace) pois será más doado acceder aos mesmos. Son os colocados ao comezo dese tema e, como podemos ver na seguinte captura, son 11 (clic para agrandar):
(Cada enlace levaranos a un tema distinto que formará parte do curso)
Tamén se nos permitirá descargar un arquivo en PDF para poder seguir o curso sen conexión, e hai enlaces aos programos que precisemos en cada tema, todos gratuitos.
A continuación déixovos unha captura da primeira lección para que vos fagades unha idea, sinalando o que comentei das descargas (clic para agrandar):
(Para descargar os Adxuntos hai que iniciar sesión)
Ao seren un foro, se tes algunha dúbida poderala preguntar alí mesmo e de seguro cha resolverán.
Pois isto é todo. Espero que vos parecera útil, e se non pois nada, xD.
Deica.